O equipo (A) sénior de hóckey sala proclamouse campión da competición local, resultando invicto en todos os partidos e conquerindo todos os puntos posibles.
O equipo (B) rematou a Liga provincial na cuarta posición, facendo unha boa competición e dando moi boa imaxen.
Parabéns aos dous equipos do Club, que se clasifican para o Campionato Galego, que se celebrará na Coruña a próxima fin de semana (16 e 17 de xaneiro).