Un ano máis, somos ¡¡CAMPIÓNS GALEGOS!! de hóckey sala.
Nunha Final moi apretada, os barrocos derrotaron por 6 a 5 ao CSA Ourense. Un encontro moi disputado, ante un gran rival, e que ata os últimos segundos estivo o empate no aire. Unha boa parada do noso porteiro evitouno "in extremis" e amarrou a victoria.Campións galegos de hóckey sala
Campións provinciais de hóckey sala
CH Barrocás - Pedralbes HC da División de Honra B
Partido da 12ª xornada da División de Honra B, contra o equipo catalán do Pedralbes HC (filial do RC Polo). Encontro moi igualado, con moitas oportunidades por ambos equipos, que protagonizaron un xogo ofensivo durante todo o tempo de partido.
Os nosos "barrocos" tiveron un penalty strock a favor, aínda que o porteiro catlán fixo unha gran parada ao tiro de Xurxo Cid. Xa co tempo cumprido, os cataláns leváronse o trunfo cun gol de PC do seu dianteiro Lomans.
Podedes ver o partido completo na canle de Youtube do diario La Región.
Ligas provinciais de hóckey sala
O sábado 3 de decembro comezou unha nova tempada de hóckey sala, nas ligas provinciais da provincia de Ourense. Disputouse a primeira xornada das categorías inferiores, no polideportivo de A Carballeira, Ourense.
O equipo Prebenxamin (de 5 a 7 anos) debutou nesta categoría, disputando un igualado partido contra CH Albor e o resultado final de 1 a 1.