A selección galega masculina Sub14 acadou a medalla de bronce no Campionato de España de seleccións autonómicas, disputada en Valencia do 20 ao 23 de marzo.
E no combinado galego atopamos 7 xogadores do noso club:
Simón Cid, Ian Rodríguez, Xián Veloso, Álvaro Santos, Matías Rodríguez, Nicolás González e Anxo Rojas.
Moitos parabéns polo éxito no torneo e pola experiencia vivida cos compañeiros da selección. Tamén felicitar a Alberto Santos Caneda, técnico do noso club e que formou parte do staff da FGH.