Campións galegos de hóckey sala

Logo dun Campeonato galego cheo de victorias, un ano máis conquistamos o primeiro posto da competición galega.

Nun gran partido dos barrocos na Final, derrotaron a CH Albor por 7 a 2. Dedicámoslle a vistoria aos ausentes, Xurxo Cid e Roberto Oliveira, que tiñan unha boa excusa ao estar coa selección española de hockey sala.

Con este título, o equipo clasifícase para a Semifinal do Campeonato de España 2022, que se disputará en Benalmádena en próximas datas.