Os nosos "barroquiños", na categoría alevín, conseguiron o subcampionato galego de hóckey sala logo dun gran torneo. Gañaron todos os partidos do seu grupo e véronse na Final contra CH Albor. O resultado foi de 4 a 0 a favor do equipo do Couto.
Foi unha boa xornada de hóckey no Pabillón Municipal de Amoeiro, onde volveu a triunfar a deportividade e as boas relacións entre tod@s @s nen@s participantes. Xuntos polo hóckey galego.