O equipo sénior, Campión da Liga galega 1ª Nacional

Aínda faltando unha xornada por disputar, o equipo sénior proclamouse matemáticamente Campión galego de Hóckey herba. Unha temporada espectacular, gañando con autoridade todos os seus partidos. 

Con este primeiro posto, tamén logran a clasificación directa para a Fase Semifinal da Fase de Ascenso a División de Honor B, que terá lugar en Ourense no mes de xuño. O gran obxectivo desta tempada.