CH Barrocás - Pedralbes HC da División de Honra B

Partido da 12ª xornada da División de Honra B, contra o equipo catalán do Pedralbes HC (filial do RC Polo). Encontro moi igualado, con moitas oportunidades por ambos equipos, que protagonizaron un xogo ofensivo durante todo o tempo de partido.



Os nosos "barrocos" tiveron un penalty strock a favor, aínda que o porteiro catlán fixo unha gran parada ao tiro de Xurxo Cid. Xa co tempo cumprido, os cataláns leváronse o trunfo cun gol de PC do seu dianteiro Lomans. 



Podedes ver o partido completo na canle de Youtube do diario La Región.