Campións galegos de hóckey sala

Un ano máis, somos ¡¡CAMPIÓNS GALEGOS!! de hóckey sala.

Nunha Final moi apretada, os barrocos derrotaron por 6 a 5 ao CSA Ourense. Un encontro moi disputado, ante un gran rival, e que ata os últimos segundos estivo o empate no aire. Unha boa parada do noso porteiro evitouno "in extremis" e amarrou a victoria.


Xurxo Cid levou o trofeo ao máximo anotador do Campionato, con 12 goles no seu peto. E xa van 10 anos consecutivos conseguindo este galardón.




Con esta primeira posición, o equipo queda clasificado directamente para a Fase Semifinal do Campionato de España, que terá lugar en Málaga os días 4 e 5 de febreiro.