PreBenxamín e Benxamín, subcampións galegos de hóckey sala

Os máis cativ@s do Club tiveron o domingo 12 de marzo, no polideportivo de Oira, unha xornada ben completa de encontros de hóckey sala, coa disputa dos campionatos galegos.

En preBenxamín logo de 2 partidos disputados, os barroquiñ@s remataron na segunda posición. Parabéns a CH Albor polo título de campión.





En Benxamín, victoria sobre o Stgo Apóstol no partido de grupo e logo derrota contra CH Albor na Final, resultando polo tanto subcampións galegos.