Permanencia unha tempada máis na División de Honra

Permanencia conseguida!!

A falta de dúas xornadas para o remate da competición, o equipo sénior conseguiu a permanencia na División de Honra B.

No partido disputado onte en Zaragoza, contra o Honigvogel, lograron un disputado empate a 2 tantos, despois dunha gran remontada.


 
Con este punto obteñen xa unha plaza matemáticamente, para seguir un ano máis na División de honra B. Agora restan 2 xornadas de liga, para disfrutar do conseguido e tentar finalizar no mellor posto posible.
Moitos parabéns a todos por esta temporada, e tamén á nosa afición, un bastión moi importante na nosa casa.

Vémonos en Mariñamansa, o domingo 7 de maio e celebrámolo como se merece. GO BARROCÁS!!