Comeza a tempada en DHB

O domingo 10 de setembro comeza unha nova tempada na División de Honra B para o equipo sénior masculino, dentro do Grupo 2 e afrontando a primeira fase da Liga.

A competición levaranos ata finais do mes de novembro, antes do comezo do hóckey sala, nunha liguilla de 8 equipos. O obxectivo é clasificarse entre os 4 primeiros e pasar ao grupo de ascenso, nunha segunda fase da competición.

O primeiro encontro lévanos ata terras malagueñas, para enfrentarnos ao CHP Benalmádena, un clásico da DHB e que sempre conta cunha boa plantilla, polo que o partido será complicado. O seguinte domingo, o 17 de setembro, debutaremos xa na casa, co gran apoio da nosa afición.

Podedes consultar aqui o calendario da primeira fase: