Breogán Figueiras, na concentración da selección sub18

O noso xogador xuvenil Breogán Figueiras Amorín, foi convocado polo seleccionador nacional Sub18, Joan Fitó, para participar os días 19 e 20 de decembro, na concentración do seleccionado nacional en Madrid, xunto a xogadores do resto de España.




Un dianteiro que a pesar de ter soamente 16 anos, xa forma parte do equipo sénior de División de Honra B. Esperamos que teña unha gran experiencia nesta primeira convocatoria Sub18 e poida seguir progresando na súa carreira deportiva.