Do 19 ao 21 de xaneiro, disputouse en Ourense unha das semifinais do Campionato de España de hóckey sala, no Pazo dos Deportes Paco Paz. O noso equipo sénior quedou encadrado no Grupo A, na primeria fase da competición.
Os resultados dos partidos foron:Salduie 78: 3 - CH Barrocás: 11
CH Barrocás: 6 - RGC Covadonga: 2
Club de Campo: 4 - CH Barrocás: 4
Pasamos á seguinte fase como segundos do Grupo A e con 1 punto na clasificación. Tiñamos entón dous partidos por diante para tentar sumar o máis posible e conquerir algunha das dúas plazas para a Fase Final.Resultados:
CH Barrocás: 4 - San Vicente: 4
Benalmádena: 4 - CH Barrocás: 3
Desta maneira, rematamos con 2 puntos e non logramos a clasificación, a pesar de facer un bo campionato, competindo a gran nivel en todos os partidos.