O domingo 10 de marzo, disputouse no polideportivo de Novo Mesoiro (A Coruña) este torneo, coa participación de 6 equipos. O noso disputou os dous partidos do seu grupo, perdendo contra o Cistro Rey e o Villar Ourense.
No partido polo 5º-6º posto, os nosos barroquiñ@s derrotaron ao At. coruña e remataron a competición con boas sensacións. Parabéns aos nen@s por unha xornada chea de hóckey e amizade, e grazas ás familias pola colaboración e apoio neste campionato.