O sábado 8 de xuño celebramos no campo de Mariñamansa unha xuntanza de confraternización con motivo da fin da tempada 2023/2024.
Xogadores e familias disfrutaron dunha xornada lúdica, con partidos entre diferentes categorías e pais/nais tamén, para rematar logo cunha comida nas instalacións.
Moitísimas grazas a tod@s pola participación nas diferentes actividades durante a tempada e o apoio ao Club. Esperamos que pasedes un verán estupendo e vémonos de novo en setembro.