Cadete mixto, medalla de bronce no Campionato galego hóckey herba

O equipo cadete mixto acadou o terceiro posto no campionato galego de hóckey herba, disputado o domingo 22 de maio en Mariñamansa.

Nas semifinais, os "barroquiños" caeron derrotados frente o Escola HC de A Coruña, que finalmente foi campión do torneo. Na final de consolación, os nosos gañaron por 3 a 2 contra o Atlántico HC de Vigo. 

Moitos parabéns a tod@s @s participantes, ao campión e moitas grazas á nosa afición, que nos apoiou durante todo o día no campo de Mariñamansa.

¡¡Go Barrocás!!