O equipo Alevin mixto, Subcampións galegos hóckey herba

O equipo alevin mixto proclamouse Subcampión galego no campionato galego de hóckey herba, disputado o sábado 21 de maio en Mariñamansa.

Nos partidos de grupo, os "barroquiños" derrotaron aos clubs de Cidade de Ourense e Villar Ourense. E na Final perderon contra CH Albor. 

Moitos parabéns a tod@s @s participantes, ao campión e moitas grazas á nosa afición, que nos apoiou durante todo o día no campo de Mariñamansa.

¡¡Go Barrocás!!