Rematada a primeira Fase da DHB

O domingo 15 de decembro, en Mariñamansa, disputamos o derradeiro partido da primeira fase da Liga de DHB, contra o At San Vicente, un rival directo na loita pola permanencia.



Nun encontro moi igualado, o resultado final foi de empate a 3 tantos, con goles de Xurxo Cid (2) e Luis Estévez (1). Rematada a primeira parte da competición, pasamos con 10 puntos á segunda Fase, onde buscaremos a permanencia na DHB unha tempada máis.