Os días 18 e 19 de xaneiro, o equipo sénior participará no Campionato galego de hóckey sala, que se disputará en Ourense, no Anexo Pabellón dos Remedios e no polideportivo de Oira.
Logo de proclamarse campións da Liga de Ourense, os nosos disputarán os seus partidos no Grupo A, o sábado 18:
ANEXO 16:00 CH Barrocás - Ourensticks
OIRA 15:00 CH Barrocás - Atlántico de Vigo
ANEXO 19:00 CH Barrocás - CH Albor
O domingo 19, en función da clasificación, disputaranse os partidos de clasificación. Esperamos que os "barrocos" fagan un bo campionato e acaden un dos trofeos en disputa.