CAMPIÓNS GALEGOS de hóckey sala.

O equipo sénior masculino revalidou o título autonómico, vencendo na Final do Campionato galego por 5 a 1 ao CSA Ourense, logo dun torneo cheo de victorias e goles.


O capitán Xurxo Cid acadou o trofeo ao Máximo goleador do Campionato, con 15 tantos. Moitos parabéns a xogadores e corpo técnico, e moitas grazas á nosa afición polo alento desde as gradas, durante toda a fin de semana.




Próxima parada, a Fase de Sector Nacional, o 1 e 2 de febreiro en Ourense, onde buscaremos o pase á Fase Final do Campionato de España. GO Barrocás!!